Saturday 18 de May de 2024

Inxenio e creatividade para aumentar o vidrio reciclado en Ordes


O Concello de Ordes está a colocar estés días novos contedores de reciclaxe de vidrio en distintos puntos da Vila. Trátase ducha iniciativa ecolóxica promovida conxuntamente con Ecovidrio, e que supón a instalación de 10 novos receptáculos decorados con creacións orixinais e exclusivas de Nan Art e Sokram, integrantes do estudio de arte local Creativo Mutante.
“Con esta iniciativa pretendemos, por un lado, animar á xente a que recicle e a que adquira hábitos cotiás que supoñan medidas efectivas para preservar o medio ambiente. Máis concretamente coa reutilización e aproveitamento do vidrio”, explica Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente. Pola súa banda Susana García, edil de Educación destaca “a promoción da arte urbana que caracteriza al pobo de Ordes, e en espacial o labor de Creativo Mutante, creador do festival DesOrdes Creativas, o cal dará comenzó en breves datas”.